Ramón Santamarina II
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de maio de 1861 Provincia de Buenos Aires, Arxentina |
Morte | 1 de febreiro de 1909 (47 anos) |
Actividade | |
Ocupación | avogado, político |
Familia | |
Pai | Ramón Santamarina |
Irmáns | Enrique Santamarina Valcárcel Antonio Santamarina Valcárcel Jorge Alejandro Santamarina Valcárcel |
O Dr. Ramón II Santamarina Valcárcel, nado en Tandil, Arxentina o 15 de maio de 1861 e finado o 1 de febreiro de 1909, foi un avogado e político arxentino de raíces galegas.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciouse de avogado e foi ministro de Buenos Aires na intervención do Dr. Lucio V. López, deputado nacional pola provincia de Buenos Aires e presidente do Banco da Nación, da Sociedade Rural Arxentina (SRA) entre 1897 e 1898, da Editorial El País, da Unión Telefónica e da Sociedade Industrial.[1][2] Como presidente do Banco da Nación, Santamarina instalou unha industria de derivados lácteos e plantou na chaira gran cantidade de árbores de variadas especies, cumprindo así o pensamento de seu pai.[1] Como presidente da Sociedade Rural Arxentina destácanse a introdución do soro contra a febre carbuncosa no gando e a exportación de facenda aos portos ingleses.[1][3] Homenaxearase bautizando no seu honor unha vila do Partido de Necochea, na provincia de Buenos Aires, unha estación ferroviaria neste e o Instituto Agrotecnológico de Tandil.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Ramón Santamarina Valcárcel (o esforzado civilizador de Tandil)" (en español). Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2009. Consultado o 10 de novembro de 2008.
- ↑ Juan Cruz Jaime. "SANTAMARINA E FILLOS, 118 anos na consignación" (PDF) (en español). p. 1. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de setembro de 2013. Consultado o 14 de marzo de 2009.
- ↑ Sociedade Rural Arxentina. "O nacimento da SRA". Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2009. Consultado o 1 de abril de 2009.